CPETIG > Home

Avance de Novas

Santiago, 12 de abril de 2017.-

O vindeiro 11 de maio vai ter lugar na Cidade da Cultura #SilverBullet17, un Congreso de Xestión de Proxectos Software organizado polo CPETIG e a Amtega, co propósito de converterse nunha xornada de referencia no eido da xestión de proxectos.
Está concibido como un foro de discusión e debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á xestión de proxectos de software, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais na área. #SilverBullet17 vai reunir a oferta e a demanda do sector nun espazo de encontro para propiciar un intercambio de información, favorecendo a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado, amais de contribuír a amosar as tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos software.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017.- A evolución do acceso das mulleres aos estudos de Informática presenta en Galicia unha  acusada tendencia á baixa,  que contrasta co escenario de crecente feminización da matrícula nas tres universidades.  A caída da presenza de alumnas nas aulas de Informática nos últimos ronda o 50%, con moi leves oscilacións entre as tres universidades, segundo os datos oficiais de matriculación analizados polo CPETIG.

•    O CPETIG pide o compromiso inequívoco da Xunta para a regulación da profesión, que poña fin ao agravio comparativo co resto das enxeñarías

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017.- Unha recente convocatoria do Sergas para prazas de técnicos de xestión e técnicos especialistas de sistemas e tecnoloxías da información, publicada no DOG o pasado 10 de xaneiro, pon de manifesto a evidente discriminación da Enxeñaría Técnica en Informática, fronte ao resto de enxeñarías.

Segundo establece a citada convocatoria do Sergas, ás prazas de técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, do grupo A2, pode acceder calquera persoa titulada universitaria en iguais condicións que unha titulada en Informática. Sen embargo, para optar ás prazas de técnicos especialistas de sistemas e tecnoloxías da información, do grupo C1, esíxese formación profesional en Informática.

Todas as persoas colexiadas no CPETIG poden desfrutar nas súas viaxes de traballo ou turísticas de descontos que van do 12% ao 15%  en máis de 50.000 hoteis, nos principais destinos de todo o mundo. Esta vantaxe está enmarcada no convenio de colaboración asinado polo Colexio co grupo Eurostar para utilización da plataforma de reservas Hotelius Club.

A través do acceso para colexiados de Hotelius Club, pode realizarse a reserva mediante un simple e cómodo sistema que asegura descontos exclusivos, prezo mínimo garantido, confirmación inmediata e pagamento online sen gastos de xestión.

Mensaxe

Cursos Destacados

Seminarios de protección de datos, e-admón e expediente electrónico na admón de xustiza
Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), o CPETIG anuncia dúas edicións do “Seminario sobre protección de datos, e-administración e expediente electrónico na admón. de xustiza"
Ler máis...

Curso de Auditoría e Hacking Ético
O CPETIG organiza os vindeiros días 17, 18, 24 e 25 de abril un curso sobre Auditoría e Hacking Ético. O curso ten unha duración de 25 horas. Con esta acción os asistentes adquirirán os coñecementos e capacidades necesarias para a realización de auditoría
Ler máis...

Calendario
Abril 2017
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel