CPETIG > Home > Colégiate > Plan colégate
Mensaje

Plan colégate

O CPETIG quere sumar os esforzos de todos os enxeñeiros técnicos e graos en informática para ter máis forza na defensa da profesión e dos seus intereses na sociedade. Por iso, a Xunta de Goberno do Colexio ven de poñer en marcha o plan Colégate, co que pedimos a todos os colexiados que colaboren nesta tarefa para invitar a colegas de profesión a que se sumen a este proxecto colectivo.

Trátase dunha iniciativa para que os colexiados inviten a outros enxeñeiros técnicos a que se inscriban no Colexio, porque cantos máis colexiados haxa, máis doado será defender os intereses e os obxectivos da profesión.

Estes esforzos teñen vantaxes tanto para os colexiados como para os novos afiliados (non aplicable a precolexiacións). O Plan Colégate prevé:

  • Por cada colega recomendado, o colexiado terá un desconto do 25% da cota anual ata chegar ao 100%, se consigue catro novos afiliados ou máis.

  • Desconto do 50% da cota anual para os novos colexiados

O Plan Colégate estará en vigor durante os anos 2014 e 2015 e só é valido para novos colexiados, que non tiveran nunca a condición de colexiado ou pre-colexiado. Ademais, é preciso permanecer de alta e ó día no pago das cotas durante o período de desconto, que se comezará a aplicar na primeira cota emitida tras a colexiación.

Para colexiarse basta con enviar a documentación que se indica na información do Colexio e solicitar a alta colexial cos formularios mediante un correo electrónico. Para acceder a estas vantaxes, débese indicar o número de colexiado que o recomendou.

 
Calendario
Junio 2017
L M X J V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2
Eventos
Sin eventos proximamente
Featured Links:
Banner
Convenios de colaboración
ffsb
Banner
sdfsb
Beneficios colexiais
Banner
Banner
Banner