CPETIG > Home > Coléxiate > Información e cotas
Mensaxe

Información e cotas

Pódense colexiar no CPETIG as persoas tituladas nunha enxeñaría técnica informática, diplomatura informática, grao en enxeñaría informática*, así como aquelas que teñan un título estranxeiro equivalente, debidamente homologado.

(*) O Consello Xeral de Colexios publica periódicamente o listado de graos colexiables en http://www.conciti.org/grados-en-ingenieria-informatica

Pódese solicitar a colexiación achegando a seguinte documentación:

Fotocopia do DNI.
Fotocopia do título (ou do resgardo se aínda non o ten). Se é unha titulación estranxeira, debe presentar o certificado de homologación. O título será validado polo Colexio.
Formulario de alta colexial correctamente cuberto e asinado.
No caso de que proceda doutro Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa.

A documentación pódese remitir por correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ), se está asinada dixitalmente. Tamén se pode remitir á sede do Colexio:

Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia
Edificio ETS de Enxeñaría
R/Lope Gómez de Marzoa s/n – Campus Sur-
15706 Santiago de Compostela,
A Coruña

Colexiación única.

Os membros dun colexio profesional dunha demarcación territorial poden exercer como profesional en todo o territorio do Estado (Lei 2/1974). Se exercen nunha comunidade autónoma na que non exista Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática, poden colexiarse en calquera dos colexios xa constituídos no Estado.

Precolexiación.

Se aínda non está titulado pero cursa estudos dun título colexiable, pódese dar de alta como pre-colexiado. Para solicitar a admisión como pre-colexiado, debe remitir a seguinte documentación (Pódese remitir por correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo -, se está asinada dixitalmente. Tamén se pode remitir á sede do Colexio):

Fotocopia do DNI ou pasaporte
Fotocopia compulsada do expediente académico
Fotocopia compulsada do xustificante de estar matriculado
Formulario de pre-colexiación cuberto

Cota colexial.

A taxa de alta para colexiados e pre-colexiados que adquiran a condición de colexiados é de 40 euros (pago único). A precolexiación non implica taxa de alta. A cota anual de colexiación é de 100 euros para os colexiados. Os pre-colexiados non teñen cota anual.

Os novos colexiados recén titulados, gozarán dun desconto do 50% da cota anual durante o seu primeiro ano de titulación.

En marzo de 2015 a Xunta de Goberno aprobou unha redución do 100% da cota para os colexiados en situación de desemprego. Para poder acollerse a esta medida, os colexiados deben enviar documentación xustificativa da súa situación de desemprego a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo na primeira semana de cada semestre.

Os cargos das cotas serán semestrais, facéndose o primeiro cargo en xaneiro e o segundo en xullo. As novas incorporacións ao Colexio, pagarán o trimestre completo no que se produza a alta como colexiado. A cota de reincorporación (alta de persoas que xa foron colexiados con anterioridade) é de 15 euros.

 
Calendario
Xullo 2002
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel