CPETIG > Home > Formación
Mensaxe

Noticias

Investigador IA

Data:23/01/2017

Coléxiate para ler máis...

 

Programador/a Android

Data:18/01/2017

Coléxiate para ler máis...

 

Discriminación da informática fronte a outras titulacións para acceder a emprego público

•    O CPETIG pide o compromiso inequívoco da Xunta para a regulación da profesión, que poña fin ao agravio comparativo co resto das enxeñarías

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017.- Unha recente convocatoria do Sergas para prazas de técnicos de xestión e técnicos especialistas de sistemas e tecnoloxías da información, publicada no DOG o pasado 10 de xaneiro, pon de manifesto a evidente discriminación da Enxeñaría Técnica en Informática, fronte ao resto de enxeñarías.

Segundo establece a citada convocatoria do Sergas, ás prazas de técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, do grupo A2, pode acceder calquera persoa titulada universitaria en iguais condicións que unha titulada en Informática. Sen embargo, para optar ás prazas de técnicos especialistas de sistemas e tecnoloxías da información, do grupo C1, esíxese formación profesional en Informática.

Ler máis...

 

Descontos para colexiados do 12% ao 15% en máis de 50.000 hoteis do grupo Eurostar nos principais destinos turísticos

Todas as persoas colexiadas no CPETIG poden desfrutar nas súas viaxes de traballo ou turísticas de descontos que van do 12% ao 15%  en máis de 50.000 hoteis, nos principais destinos de todo o mundo. Esta vantaxe está enmarcada no convenio de colaboración asinado polo Colexio co grupo Eurostar para utilización da plataforma de reservas Hotelius Club.

A través do acceso para colexiados de Hotelius Club, pode realizarse a reserva mediante un simple e cómodo sistema que asegura descontos exclusivos, prezo mínimo garantido, confirmación inmediata e pagamento online sen gastos de xestión.

 

O CPETIG organiza cursos de Scratch en Vigo, Ourense e Santiago, para formadores e escolares

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2016.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), en colaboración coa Amtega, convoca unha nova edición de cursos de formación en Scratch, dirixida por unha parte ao profesorado e por outra ao alumnado, co obxectivo de difundir os valores da programación informática na comunidade escolar.

Esta nova fase da iniciativa, posta en marcha polo CPETIG hai tres anos, pretende ampliar o número de escolares de Galicia que acceden ao coñecemento da programación informática como ferramenta didáctica, para o que resulta necesario contar cun maior número de formadores especializados en Scratch.

Para iso, o CPETIG convoca tres cursos no mes de outubro, que terán lugar o día 7 en Vigo, o día 8 en Ourense e o día 15 en Santiago.

Ler máis...

 
Máis artigos...
Calendario
Febreiro 2015
L M X J V S D
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 1
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel