CPETIG > Home > Novas > A matriculación feminina no Grao en Informática cae un 50% nas universidades galegas nos últimos anos
Mensaxe

A matriculación feminina no Grao en Informática cae un 50% nas universidades galegas nos últimos anos

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017.- A evolución do acceso das mulleres aos estudos de Informática presenta en Galicia unha  acusada tendencia á baixa,  que contrasta co escenario de crecente feminización da matrícula nas tres universidades.  A caída da presenza de alumnas nas aulas de Informática nos últimos ronda o 50%, con moi leves oscilacións entre as tres universidades, segundo os datos oficiais de matriculación analizados polo CPETIG.

UVigo é tradicionalmente a universidade galega con máis mulleres matriculadas no Grao de Informática, pero acusa na mesma proporción que o resto a menguante presenza feminina. Mentres a comezos da década pasada se acadaron taxas que chegaban ao 30% de mulleres nas súas aulas de Informática, a representación caeu ao 15% o pasado curso académico 2015-2016, no que a matrícula feminina no conxunto dos Graos desa universidade foi do 51%.  

Na mesma liña, a USC experimentou tamén unha significativa reducción de alumnas en Informática, pasando  do 25% a comezos da década pasada ao 12% do pasado curso, unha presenza especialmente escasa, tendo en conta que é unha universidade altamente feminizada cun 62% de alumnas.

E a UDC, que chegou a ter un 23% de alumnas en Informática nos primeiros anos da pasada década, baixou ao 11% no último curso, no que a matriculación feminina no total de plans de estudos de Grao foi do 49%.

As mulleres infravaloran as súas capacidades en tecnoloxía


Esta tendencia é común á maioría dos países e, en parte, pode deberse ao modelo estereotipado e pouco real da Informática que divulgan series e programas de televisión que distorsionan a verdadeira dimensión profesional. Pero tamén inflúe o feito de que as mozas infravaloran as súas capacidades en tecnoloxía e matemáticas, a pesar de obter de forma xeralizada mellores notas nestas materias que os mozos.

O CPETIG considera que a elección profesional debe realizarse en liberdade, por vocación, e sobre ideas precisas das distintas alternativas académicas, superando determinados clixés que pesan sobre a Informática. Aí é onde tanto os colexios profesionais, como as universidades e as empresas deben contribuir a transmitir a verdadeira dimensión da profesión, superando a opinión demasiado simplista e extendida de que se trata de profesionais que “arranxan” ordenadores.

A pesar do contexto xeralizado de perda de mulleres na titulación de Informática en Galicia, O CPETIG valora moi positivamente que a colexiación feminina na entidade manteña unha taxa de crecemento sostido, pasando do 19% en 2008 ao 21% actual.

 
Calendario
Xullo 2010
L M X J V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel