CPETIG > Home > Novas > O CPETIG E A AMTEGA ORGANIZAN UN CURSO DE AUDITORÍA NO ESQUEMA NACIONAL DE SEGURIDADE
Mensaxe

O CPETIG E A AMTEGA ORGANIZAN UN CURSO DE AUDITORÍA NO ESQUEMA NACIONAL DE SEGURIDADE

O CPETIG, en colaboración coa Amtega, organiza un curso de auditoría no Esquema Nacional de Seguridade (ENS), que capacitará ás persoas asistentes para levar a cabo as auditorías previstas no marco do RD 3/2010 de implementación do ENS no ámbito da administración pública.

O curso, de 20 horas de duración, será impartido por Juan Luis García Rambla e Diego Cordero Domenech, de Sidertia. Está estruturado en catro sesións que terán lugar os días 22, 23, 29 e 30 de setembro no GH Los Abetos, de Santiago de Compostela. Os contidos teóricos estarán centrados nos fundamentos da implementación do ENS e nas medidas para cada un dos marcos que constitúen a norma de seguridade. E veranse complementados con sesións prácticas de revisión das medidas aplicables e da súa adecuación para o nivel establecido.

 

O prezo da matrícula é de 325€, establecendo unha inscrición especial de 95€ para colexiados e precolexiados de enxeñaría técnica e enxeñaría en informática (solicitar código de desconto no Colexio) e os non colexiados que soliciten colexiación no CPETIG. No prezo da matrícula inclúese o xantar dos sábados.

As persoas participantes no curso sairán cualificadas para realizar as auditorías establecidas no real decreto, que deben levarse a cabo ao menos cada dous anos, dirixidas a asegurar o cumprimento do ENS. O informe de auditoría deberá dictaminar sobre o grao de cumprimento, identificar deficiencias e suxerir as posibles medidas correctoras ou complementarias necesarias, así como as recomendacións que se consideren oportunas.

O ENS está deseñado para garantir o acceso, integridade, disponibilidade, autenticidade, confidencialidade, trazabilidade e conservación dos datos e informacións utilizadas en medios electrónicos xestionados polas administracións públicas no exercicio das súas competencias.

Máis información do curso e inscricións aquí.

 
Calendario
Agosto 2015
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel