CPETIG > Home > Novas
Mensaxe

Novas

A VI XORNADA DE INFORMÁTICA XUDICIAL, O 28 DE SETEMBRO

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2016. Un grupo de prestixiosos profesionais expertos en ciberseguridade, tanto ao servizo de entidades públicas como de empresas privadas, van participar como relatores na VI edición da Xornada de Informática Xudicial que organiza o CPETIG, co patrocinio da Amtega e a dirección técnica de Víctor Salgado, avogado-socio del Bufete Pintos & Salgado.

A xornada terá lugar o 28 de setembro na de sede de Afundación, en Santiago de Compostela, baixo o título Privacidade, e-Xustiza e Seguridade en Infaestruturas críticas. O equipo de relatores que intervirá está composto por Samuel Parra, avogado TIC; Francisco García Morán, conselleiro xefe TIC da CE; Iñaki Vicuña, director do centro de Documentación Xudicial; David Barroso, Ceo de CounterCraft; Silvia Barrera, inspectora da UIT da Policía Nacional; e Eloy Velasco, maxistrado da Audiencia Nacional.

Ler máis...

 

Gran acollida na entrega de premios do I concurso de Scratch do CPETIG

Máis de 70 asistentes ao acto de entrega de premios.

Scratch para Arduino e Raspberry móstranse aos rapaces para incentivalos cara o vindeiro curso.

O CPI Plurilingüe Virxe da Cela e o IES de Brión acadan os primeiros premios na categoría primaria e secundaria respectivamente.

Ler máis...

 

O CPETIG entrega os premios do I concurso de programación en Scratch

Máis de 250 alumnos de 20 centros se iniciaron na programación participando neste novidoso concurso.

O obxectivo deste concurso foi ofrecer un estímulo tanto a profesores como a alumnos para achegarse á programación da man de Scratch e buscar a superación tanto a nivel persoal coma colectivo.

Alumnos de entre 8 e 15 anos inícianse na programación grazas ao I concurso de Scratch “Aprendo Programando” do CPETIG Medio cento de proxectos mostran o enxeño e habilidades dos participantes.

 

Ler máis...

 

Os Colexios Profesionais, Estudantes e Academia loitamos polo recoñecemento das competencias do sector informático

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016. O sector da enxeñaría informática reclamamos ao Goberno o recoñecemento da cualificación profesional da profesión, tras ser excluído respecto ao resto de enxeñerías nese recoñecemento nun informe emitido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. #InformáticaSoluciónYA

InfomaticaSolucionYA

 

Ler máis...

 

O COLEXIO ORGANIZA UN “SCRATCH DAY” PARA DIFUDIR OS VALORES DA PROGRAMACIÓN INFORMÁTICA ENTRE RAPACES E PAIS

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2016. Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) en colaboración coa Facultade de Informática da Coruña (FIC) organiza o vindeiro día 7 de maio o evento “Scratch Day” no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.

Ler máis...

 

CURSO PARA FORMADORES EN SCRATCH

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2016. Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e os seus formadores, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) ven realizando nos dous últimos anos actividades formativas e actos relacionados coa ferramenta Scratch.

Ler máis...

 
Calendario
Outubro 2017
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel