CPETIG > Home > Novas
Mensaxe

Novas

O CPETIG E A AMTEGA ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN

sinatura-convenio-cpetig-amtega

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016. O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) colaborarán na celebración da VI Xornada de Informática Xudicial, segundo se recolle no acordo asinado onte polo presidente do CPETIG, Marcos J. Mata e a directora da Amtega, Mar Pereira.

Ler máis...

 

O CPETIG SÚMASE AO PADROADO DA FUNDACIÓN DO CITIC

alt

23 de novembro de 2015.- O CPETIG forma parte do padroado, recentemente constituído, da Fundación do Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC) de Galicia, do Parque Tecnolóxico da Universidade da Coruña no campus de Elviña.

Ler máis...

 

Marcos Mata reelexido presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática de España (CONCITI)

Repite como presidente do Conciti co apoio dos decanos da maioría dos colexios.

alt

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015.- Marcos Mata, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, foi designado por segunda vez consecutiva, presidente do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría Técnica en Informática (Conciti) desde o pasado 26 de setembro, día que se celebrou a asemblea xeral desta entidade.

Ler máis...

 

O COLEXIO ORGANIZA O “SCRATCH DAY” PARA DIFUDIR OS VALORES DA PROGRAMACIÓN INFORMÁTICA ENTRE RAPACES, PAIS E O PROFESORADO

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2015. Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e os seus formadores, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) organizará o vindeiro día 10 de outubro o evento “Scratch Day” no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.

Ler máis...

 

O CPETIG ORGANIZA A V XORNADA SOBRE INFORMÁTICA XUDICIAL, PERITAXE TÉCNICO E PROBA ELECTRÓNICA

Baixo o lema A cibervixilancia no século XXI: ciberdelitos, vixilancia on line e a e-xustiza esta actividade divulgativa ten por obxectivo informar e concienciar aos xuristas dos avances en materia probatoria nos casos que intervén a informática.

A xornada conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e terá lugar o día 21 de outubro en Santiago de Compostela.

 

Ler máis...

 

Aprobado o Real Decreto de Estatutos Xerais dos Colexios de Enxeñaría Técnica en Informática e do seu Consello Xeral

O Consello de Ministros aprobou o pasado 22 de xuño o Real Decreto de Estatutos Xerais dos Colexios de Enxeñaría Técnica en Informática e do seu Consello Xeral.

Estes Estatutos sustitúen aos actualmente en vigor, co fin de adaptalos ás Leis sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercizo, do 23 novembro de 2009- máis coñecida por “Lei Paraugas”-e de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei anterior-tamén coñecida com “Lei Ómnibus”-do 27 de novembro de 2009.

Ler máis...

 
Calendario
Febreiro 2005
L M X J V S D
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 1 2 3 4 5 6
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel