CPETIG > Home > Novas
Mensaxe

Novas

O CPETIG ORGANIZA UNHA XORNADA DIVULGATIVA SOBRE OS CERTIFICADOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL E O POTENCIAL DA GAMIFICACIÓN. Esta actividade desenvolverase en Santiago o día 4 de xuño entre as 16.00 e as 20.00 horas.

Santiago, maio de 2015.- O Centro Demostrador TIC da rúa Airas Nunes de Santiago acollerá o vindeiro día 4 de xuño unha xornada divulgativa organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) sobre as oportunidades dos certificados de experiencia profesional e o potencial da gamificación.

Esta actividade está dirixida a profesionais do eido da informática interesados en certificar a súa experiencia profesional ea estudantes ou futuros estudantes de titulacións universitarias ou de ciclos formativos de informática e profesionais interesados na gamificación.

Ler máis...

 

A Fegamp, CPEIG e CPETIG súmanse á ‘Declaración de Principios para Construír a Sociedade da Información’

Santiago. 15 maio 2015. Co gallo do Día Mundial de Internet, que se conmemora o próximo domingo, 17 de maio, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (Cpeig) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (Cpetig), adhírense á ‘Declaración de Principios para Construír a Sociedade da Información’, subscrita en Xenebra (Suiza), en decembro de 2003, na primeira fase do Cumio Mundial sobre a Sociedade da Información.

Ler máis...

 

As persoas graduadas en Enxeñaría Informática xa poden colexiarse no CPETIG, ao abeiro dos novos estatutos publicados no DOG

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2015.- As persoas que estean en posesión do título universitario de Grao en Enxeñaría Informática xa poden colexiarse no CPETIG, en virtude dos novos estatutos do colexio, acordados pola Asemblea Xeral do CPETIG en novembro do pasado ano e publicados no DOG o pasado 10 de abril. Deste xeito, queda ampliado o abano de profesionais colexiables, que ata agora se reducía aos titulados en Enxeñaría Técnica en Informática. Asemade, poden colexiarse as persoas en posesión de títulos universitarios homologados con algún dos dous citados.

Ler máis...

 

O CPETIG e a Amtega colaboran na celebración da V Xornada de Informática Xudicial

Santiago de Compostela, sovaldi sale 18 de abril de 2015.- O CPETIG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) colaborarán na celebración da V Xornada de Informática Xudicial, segundo se recolle no acordo asinado recentemente pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPETIG, Marcos Mata. O convenio contempla, ademais, accións formativas sobre protección de datos, e-administración e a celebración do Scratch Day.

Ler máis...

 

Os delitos informáticos suben un 40% cada ano, aínda que soamente se denuncian un 10% dos casos.

alt

Santiago, thumb 7 de abril de 2015.- O dato foi ofrecido esta mañá na rolda de prensa de presentación da Xornada de Informática Pericial, que organiza o CPETIG na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense. Interveñen na mesma José Luis Rivas, managing director de LIFe, Laboratorio de Informática Forense Europeo, e Víctor Salgado, avogado-socio do bufete Pintos&Salgado.

Ler máis...

 

O CPETIG amplía a bonificación das cotas para favorecer a colexiación de estudantes e novos profesionais

Santiago de Compostela, patient ed 25 de marzo de 2015.- A Xunta de Goberno do CPETIG aprobou na súa útlima xuntanza, ask o 19 de marzo, unha ampliación da bonificación das cotas que vai representar un notable beneficio para estudantes e profesionais da Informática.

Ler máis...

 
Calendario
Abril 2013
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel