CPETIG > Home > Servizos > Convenios
Mensaxe

Convenios

Universidades

Logos universidades Na actualidade o Colexio ten asinados convenios con varias universidades:

- Universidade Europea de Madrid
- Universidade de Vigo
- Universidade de Santiago de Compostela
- Universidade de A Coruña


Os convenios coas universidades buscan establecer liñas de colaboración con cada unha delas para realizar en común actividades de formación, physician asesoramento e investigación.

Así, clinic froito destes convenios, os colexiados poderán: Asistir a cursos, seminarios, ponencias e demáis actividades organizadas conxuntamente, participar e asistir a congresos, participar e ter acceso a estudos e proxectos de investigación en áreas relativas á profesión ou obter descontos en matrículas ou condicións financeiras favorables

Banco Sabadell Atlántico

Sabadell

O Banco Sabadell ofrece vantaxes exclusivas na contratación de produtos e servizos financeiros aos colexiados, os seus familiares de primeiro grao e empregados.

O acordo recolle unha ampla gama de produtos e servizos financeiros en condicións preferentes adaptados á actividade profesional e á economía persoal dos colexiados, destinados a solucionar todas as súas necesidades financeiras. Esta oferta irase actualizando e ampliando en función das novidades e os avances que se producen no mercado bancario e tamén en función das necesidades que van xurdindo aos colexiados.

Accede á páxina do convenio a través do seguinte enlace.

Código Cero

CodigoCero

Os colexiados do CPETIG, reciben nos seus fogares a revista de novas tecnoloxías Código Cero (edición papel). Grazas o acordo de colaboración co grupo editorial, os colexiados recibirán de xeito gratuíto no seu domicilio a edición impresa da revista de referencia no ámbito das novas tecnoloxías, facendo especial fincapé nos servizos e novidades achegados dende a nosa terra.

Mútua de Enxeñeiros

Logo Mutua de Enxeñeiros

A Mutua pon a disposición dos colexiados as seguintes entidades e servizos:

  • SERPRECO: Corretaxe de seguros. A través de Serpreco, a Mutua asesorará aos colexiados e ás súas empresas no ámbito da previsión social e os seguros, tanto persoais, profesionais e patrimoniais, incluída a responsabilidade civil, así como o aforro, estudando individualmente as necesidades en cada caso, intermediando aquelas pólizas que lle sexan solicitadas.

  • MUTUAVALORS: Servizos financeiros. A través de MutuaValors, a Mutua ofrecerá, asesorará e intermediará, servizos de investimento financeiro, en calidade de axentes de axencia de valores.

  • MUTRAVEL: Axencia de viaxes. A través de Mutravel, a Mutua ofrecerá os servizos propios dunha axencia de viaxes.

O acceso a estes e outros servizos que se poidan incluír, realizarase a través da seguinte Web. (http://www.mutua-enginyers.com/es/cpetig nova ventana)

Para calquera tipo de información, contratación… os colexiados deberanse poñer directamente en contacto coa Mutua a través de calquera das distintas opcións que aparecen na web antes mencionada.

 

Sanitas

Logo On Caixagalicia

Grazas o convenio de colaboración entre o CONCITI e Sanitas, os colexiados do CPETIG poden beneficiarse de condicións máis vantaxosas ás ofrecidas a particulares. A este acordo poderanse acoller os colexiados, así como o cónxuxe e fillos que convivan co colexiado.

Descarga o documento coas condicións deste convenio na sección de documentos da área privada.

 

Clínica Baviera

Logo Baviera

Grazas o convenio de colaboración entre o CONCITI e a Clínica Baviera, os colexiados do CPETIG poden beneficiarse de condicións vantaxosas. A este acordo poderanse acoller os colexiados, así como os seus familiares directos, e inclúe tarifas especiais para corrección visual por láser e un 20% de desconto sobre o resto de tarifas (agás aneis e lentes intraoculares).

Descarga o documento coas condicións deste convenio na sección de documentos da área privada.

 

Hotelopia

Logo Hotelopia

Hotelopia é parte de TUI Travel PLC, compañía europea líder en viaxes que proporciona os seus servizos a preto de 30 millóns de clientes. Ofrece tarifas reducidas de aloxamento tanto a persoas que viaxan por negocios como por pracer. Os seu clientes poden elixir entre máis de 35.000 hoteis, de ata cinco estrelas, en máis de 2.500 destinos a través de Europa, Norte América, América Latina, Caribe e Asia. Grazas o convenio con COITIMUR, os colexiados do CPETIG dispoñen dun 11% de desconto sobre o prezo mínimo garantizado.

Descarga o documento coas condicións desta oferta na sección de documentos da área privada.

 

GH Hoteles

Logo GH

A cadea GH Hoteles dispón dun gran equipo de profesionais sempre a disposición dos seus clientes. Os colexiados do CPETIG dispoñen de tarifas exclusivas de aplicación durante todo o ano nos seus hoteis de Santiago, Ourense e Lugo.

Descarga o documento coas condicións desta oferta na sección de documentos da área privada.

 

Infinita Eventos

Logo Infinita

Infinita Eventos, axencia de viaxes e ocio con sede en Santiago de Compostela, ofrece unhas condicions especiais para as reservas online dos colexiados do CPETIG e os seus familiares, aplicando un desconto directo sobre o prezo final dos seguintes servizos:
- Reservas de hoteis, vacacións e cruceiros
- Aluguer de coches
- Voos, trens e ferries (inclue aeroliñas low-cost)

Descarga o documento coas condicións desta oferta na sección de documentos da área privada.

 

Tambre Pitch & Putt

Tambre Pitch & Putt

Os colexiados do CPETIG poden desfrutar deste deporte cun desconto do 50% sobre o importe da saída ó campo, obtendo así unha tarifa de tan só 5 euros.

Ademais, Tambre Pitch & Putt ofrece unha oferta de 1 Wedge + 1 Putt + Curso de iniciación por tan só 35 euros.Máis información sobre a oferta na sección de documentos da área privada.

Todo sobre este deporte en www.pitchandputtgalicia.com

 

Pintos & Salgado

Logo Pintos & Salgado

Pintos & Salgado é un bufete especializado na aportación de solucións xurídicas no ámbito das novas tecnoloxías.

En base ao convenio asinado, o bufete ofrecerá unha serie de beneficios aos colexiados (ou ás entidades onde se integren) nos servizos que a entidade ofrece:

  • A primeira consulta de carácter gratuíto para os colexiados en materia de Dereito das Novas Tecnoloxías
  • Descontos xenéricos dun 25% sobre as tarifas e honorarios habituais para os servizos que o colexiado precise

Halcón Viajes

Logo Halcon Viajes

Halcón Viajes ofrece aos colexiados descontos e ventaxas especiais nos seus produtos.

Máis información sobre esta oferta na sección de documentos da área interna.

Paradores

Logo Paradores

Paradores aplica descontos sobre a tarifa oficial en réxime de AD e tamén na mellor tarifa de Paradores denominada "Tarifa Única".

Máis información sobre esta oferta na sección de documentos da área privada.

 

Official English Language School

ETC


Descarga o documento coas condicións deste convenio na sección de documentos da área privada.

 
Calendario
Outubro 2017
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel